J.J. Abrams producirá Hot Wheels

658

A compañía de J.J. Abrams, a Bad Robot, encargará-se da produción dunha longametraxe con acción real baseada no popular xoguete Hot Wheels para a Mattel Films e a Warner Bros. Pictures.

O xoguete de coches, que cumpriu recentemente 54 anos de existéncia, é unha das propriedades mais rendíbeis da Mattel e é considerada coma a franquía líder do mercado, con mais de 8.000 millóns de vehículos vendidos.

O filme será unha película de acción a todo gas que mesturará algúns dos coches, camións monstro e motocicletas mais atractivos e elegantes do mundo.

Este proxecto é xa o terceiro intento por levar os xoguetes ao cinema, despois de que nos vinte anos anteriores houbera proxectos que non chegaron a saír adiante, entre eles con directores coma McG ou Juan Carlos Fresnadillo. As cousas agora seica están un pouco mais aseguradas e a Mattel Films e mais a Warners xa teñen experiéncia de traballaren xuntos no filme Barbie, que se estreará o ano que ven.