Esfarjani escribirá Alien e Kindred

51

Bobak EsfarjaniO guionista Bobak Esfarjani, que conta entre os seus cretos séries coma WandaVision e Manifest, ven de atopar dous novos proxectos na canle FX: a série aínda sen título sobre a corporación Weyland-Yutani, ambientada no universo de Alien, e mais a vindeira série de ciéncia-ficción Kindred. En ambos casos, ademais do guión, encargará-se de traballar coma produtor supervisor.