Morreu Catwoman

0
193

kitt2Eartha Kitt, a cantante e bailarina coñecida entre os fans do xénero fantástico por interpretar á Catwoman orixinal na série Batman dos anos 60, ven de morrer aos 81 anos.

Kitt, que se criou nos campos de algodón de Carolina do Sul e chegou a se converter nun símbolo internacional da elegáncia e da sensualidade, morreu en Connecticut por mor dun cancro de colon.

Kitt, autoproclamada “sex kitten” (gatiña do sexo) e famosa polo seus ronroneos gatunos, foi unha das intérpretes máis versátiles dos Estados Inidos, gañou dous Emmys e obtivo unha terceira nominación. Ademáis, foi nominada várias veces para os Tonys e para dous Grammys. A súa carreira prolongou-se ao longo de sesenta anos.

Na televisión, Kitt foi a sexy Catwoman na série Batman dende 1967 a 1968, sustituindo no papel a Julie Newmar, quen comezou co persoaxe.

Tildada non seus millores tempos como “a muller mais excitante do mundo” por Orson Welles, en 2001 cando contaba con case 80 anos publicou un libro titulado Rejuvenate, no que aparecía cunha figura que para si quixeran moitas mozas de 20 anos.

En 1950, Welles déra-lle o seu primeiro papel no cinema, o de Helena de Troia no filme Dr. Faustus. Pero a súa carreira profesional sufriu un parón en 1968 cando fixo unhas duras declaracións contra a guerra de Vietnam, o que lle custou ter que se exiliar dos Estados Unidos. Só puido regresar anos despois, cando o Presidente Jimmy Carter convidouna á Casa Branca.

Ao remate da súa carreira gañou algúns fans mais emprestándo-lle a súa voz a Yzma no filme da Disney de 2000 O novo traxe do Emperador.