Anunciada a secuela de The Batman

553

A Warner Bros. Pictures ven de anunciar oficialmente que haberá unha secuela do seu éxito deste ano The Batman.

Robert Pattinson regresará ao seu papel de Bruce Wayne/Batman e o director Matt Reeves tamén volve para a nova entrega. Polo momento iso é todo o que se sabe, non hai nin datas de comezo da rodaxe nin de estrea, e tampouco se deron a coñecer mais novidades sobre outros membros do elenco de actores.

O anúncio fíxo-se ao mesmo tempo que os estudos informan que o filme orixinal chegou xa aos 760 millóns de dólares de recadación nos despachos de billetes de todo o mundo, o que supón o mellor rexistro no que levamos de ano. Ademais, The Batman supuxo o regreso da Warners ao sistema de “fiestras”, no que se deixan pasar 45 días dende a estrea nas salas de cinema até a chegada aos servizos de streaming, na HBO Max neste caso.

A HBO Max pola súa banda aínda non informou de dados de audiéncia, pero as primeiras análises seica confirman que a película mellorou moito os anteriores récords da compañía, sementando deste xeito os alicerces para o regreso á estratéxia de estrea nas salas de cinema, coma antes da pandémia.