Deadwyler protagoniza Demimonde

51

Danielle DeadwylerA actriz Danielle Deadwyler (June en Watchmen) ven de se facer co papel protagonista do vindeiro proxecto de J.J. Abrams na HBO, a série Demimonde. Deadwyler interpretará a Olive Reed, unha muller separada do seu home e da súa filla nun brutal accidente científico e que se ve obrigada a deslear unha conspiración para regresar coa súa família, perdida nun escuro e afastado mundo. Abrams é o creador, guionista, director e produtor executivo.