O meu veciño Totoro, ao teatro

1076

O compositor xaponés Joe Hisaishi formará equipa cos estudos Ghibli e mais a Royal Shakespeare Company para crearen unha versión teatral da lendária película de anime de Hayao Miyazaki Tonari no Totoro (O meu veciño Totoro, en galego). Ambientada no Xapón dos anos 50, o filme vai sobre dúas irmás que deixan Tóquio con seu pai para viviren nunha casa no campo e estaren preto da súa nai enferma. No bosque próximo atoparán espíritos e criaturas máxicas.

A partitura que Hisaishi creou para o filme será utilizada na obra de teatro, xunto con pezas orquestrais e canzóns escritas para o filme pero que non foron incluídas. O libretista inglés Tom Morton-Smith adaptou o guión, que dirixirá Phelim McDermott.

Agárda-se que o amplo elenco sexa de orixe xaponesa, oriental e do sueste asiático, aínda que unha concesión é que as dúas rapazas heroínas non poderán ser interpretadas por nenos por mor das esixéncias físicas dos papeis, que inclúen complicados monicreques.

A produción representará-se no Barbican Centre de Londres do 8 de outubro ao 21 de xaneiro e non será un musical.