A secuela de Avatar xa ten título

512

Avatar 2A Disney anunciou onte que Avatar: The Way of Water será o título da primeira das catro secuelas do megaéxito Avatar que James Cameron dirixiu en 2009. A película debutará nas salas de cinema de todo o mundo o vindeiro 16 de decembro, pero un pouco antes, o 23 de setembro, a película orixinal Avatar reestreará-se con imaxe e són remasterizados. O produtor Jon Landau confirmou asemade que cada unha das catro secuelas é autoconclusiva e pode ver-se por separado.