O home papaventos abre un bar

317

A HBO Max ven de encargar oficialmente o comezo da produción da série de debuxos animados Noonan’s, un spin-off da súa aclamada série Harley Quinn, que contará con dez episódios e estará dirixida a un público adulto.

Tal e coma se informara con anterioridade, Noonan’s narrará a história de Kite Man, un superfalcatruán perdedor que quere abandoar a súa vida coma criminoso para abrir un bar en Gotham City xunto á súa parceira Golden Glider. O bar é un lugar onde todo o mundo coñece o teu nome, pero non necesáriamente a túa identidade secreta.

Matt Oberg será o protagonista, emprestándo-lle a súa voz a Kite Man. Os produtores executivos serán Dean Lorey, Kaley Cuoco, Sam Register, Justin Halpern e Patrick Schumacker, mentres que Lorey será o showrunner.

Pola súa banda, a série orixinal, Harley Quinn, estrea a súa terceira tempada este verán.