Bruce Boxleitner regresa a Tron

688

Bruce BoxleiterBruce Boxleitner, que interpretou a Alan Bradley e mais ao persoaxe Tron no filme do mesmo título da Walt Disney de 1982, está segundo din a filmar un papel para a vindeira longametraxe secuela, Tron 2.0 ou TR2N. Deste xeito úne-se ao membro do reparto orixinal Jeff Bridges e mais aos recén chegados Olivia Wilde e Beau Garrett nesta longamente agardada segunda parte da aventura de acción.

No filme orixinal, o hacker e programador Kevin Flynn (Bridges) é convertido dixitalmente nun montón de bytes por un malvado pirata de software coñecido coma Programa de Control Mestre (MCP, polas súas siglas en inglés) e reconstruido no mundo interno dos computadores en gráficos de 3D. Será dentro do computador, en paisaxes xeométricos do cyberespazo, onde Flynn una as súas forzas con Tron (Boxleitner) para derrocar ao tiránico MCP que os mantén prisioneiros no equivalente a un xogo de computador xigantesco e terrorífico.

Ainda que os detalles do argumento da secuela fican no segredo, sábe-se que o novo filme será “o seguinte capítulo”. Wilde interpretará a un traballador no mundo virtual que tenta loitar contra o MCP, mentres que Garret será unha serea no mundo virtual.