Legends e Batgirl, canceladas

51

DC's Legends of TomorrowA CW ven de lle dar a machetada a dúas das súas séries de superheroes: DC’s Legends of Tomorrow e Batgirl, após de sete e tres tempadas respectivamente. Así pois, nestes intres só dúas das séries do Arrowverso fican en pé: The Flash, que podería rematar o ano que ven, e Superman and Lois, que ten polo de agora a renovación asegurada. Fóra del, a oferta medra con Titans, Doom Patrol, Pennyworth, Stargirl, Naomi e Peacemaker.