Viola Davis repetirá o papel que fixo en The Suicide Squad coma Amanda Waller nunha nova série “spin-off” que está en preparación na HBO Max.
A directora Waller é un persoaxe da DC Comics creado por John Ostrander, Len Wein e John Byrne, e que apareceu por primeira vez nas páxinas de Legends en novembro de 1986. Davis interpretou-no no filme Suicide Squad de David Ayer e mais en The Suicide Squad ás ordes de James Gunn, e apareceu ademais en dous cameos na série Peacemaker.
A nova série, centrada esta vez só no seu persoaxe, arrincará cos acontecementos que vimos no remate da primeira tempada de Peacemaker, con Waller tendo que arrostrar as consecuéncias das accións da súa filla.
A mesma Davis será a produtora executiva da série xunto a Christal Henry (Watchmen), quen ademáis será a guionista.