Percy Jackson completa o seu elenco

548

Aryan Simhadri e mais Leah Sava Jeffries serán respectivamente Grover Underwood e Annabeth Chase na série de fantasía Percy Jackson and the Olympians no servizo de streaming da Disney+ unindo deste xeito os seus nomes aos do xa anteriormente anunciado protagonista, Walker Scobell, quen fará de Percy Jackson.

A história vai sobre un rapaz de 12 anos que descubre que é un semideus e é asemade acusado de lle roubar a Zeus a súa vara do poder, coa que crea os relustros. Percy e mais os seus amigos, o sátiro Grover e mais a filla da deusa Atenea Annabeth, deberán percorrer América para atoparen o obxecto roubado, limpar os seus nomes e restituír o orde no Olimpo.

A 20th Television producirá a série que se emitirá na Disney+ e que seica estará moito mais próxima aos libros de Rick Riordan, á súa fonte orixinal, que os dous filmes que os adaptaron previamente en 2010 e 2013, onde os persoaxes eran xa adolescentes.

A série ademais contará mais con Riordan, quen mesmo escribirá o guión para o episódio piloto, mentres que Jon Steinberg (Black Sails) será o seu produtor executivo.

James Bobin (The Mysterious Benedict Society) dirixe o primeiro episódio da série, que xa recibiu un pedido para unha tempada completa en xaneiro. A rodaxe comezará dentro duns días en Vancouver (Canadá).