Salto no Tempo recibe a luz verde

266

A secuela da clásica série da NBC Quantum Leap dos anos 90 ven de recibir oficialmente o visto bó da canle, que ficou convencida polo episódio piloto, e en consecuéncia encargou xa a produción dunha tempada completa.

Esta nova versión está centrada no doutor Ben Seong (Raymond Lee), un científico de sona mundial, quen trinta anos despois da desaparición do seu colega, o doutor Sam Beckett (Scott Bakula), entra coma el no acelerador cuántico e desaparece, xusto cando unha nova equipa se formara coa esperanza de comprender o mistério que se agocha tras da máquina.

A rodaxe do episódio piloto comezara o pasado mes de xaneiro, protagonizado por Lee, Caitlin Bassett, Nanrisa Lee, Mason Alexander Park e mais o ex-Cazapantasmas Ernie Hudson no papel do xefe do proxecto, Herbert “Magic” Williams. Steven Lilien e Bryan Wynbrandt foron os guionistas e produtores executivos.