Chow totalmente fóra de Hornet

0
184

ChowHai uns días sabíamos que Stephen Chow ficaba fóra da dirección do filme The Green Hornet, pero agora vimos de saber que tampouco interpretará a ningún persoaxe nesta película, na que nun princípio ía facer o papel de Kato, o axudante do superheroe Green Hornet.

A semana pasada Chow caeu-se da dirección neste proxecto liderado por Seth Rogen que contará co famoso guionista e actor no papel do heroe enmascarado e que tiña previsto ter a Chow (Kung Fu Hustle) como Kato.

Se eu dirixo ‘The Green Hornet’, a comédia de superheroes terá que se adiar dous anos. A nosa axenda non nos permite facer un filme de superheroes en dous anos. E eu quero facer un filme baseado nunha ideia orixinal“, dixo Chow á prensa esta mesma semana.

Chow engade agora que tampouco ten tempo para interpretar a Kato, o persoaxe que fixo famoso Bruce Lee, xa que quere liberar a súa axenda para poder traballar con Jack Black nunha comédia sobre un superheroe diferente.