Raimi e a posibilidade doutro Darkman

500

Durante a promoción de Doctor Strange in the Multiverse of Madness, o cineasta Sam Raimi revelou que seica está en marcha unha nova versión da súa primeira e xa case esquecida película de superheroes Darkman.

O filme orixinal de 1990 estaba protagonizado por Liam Neeson e Frances McDormand e mesturaba elementos das películas de monstros clásicas da Universal con thrillers de cinema negro e seriais radiofónicos de superheroes, especialmente The Shadow.

Perante as cuestións da prensa, Raimi respondeu sen pelos na língua: “Si. A Universal está a falar dunha secuela de Darkman. Hai un produtor vencellado. Aínda non oín a história nin entrei nela, estiven moi ocupado con esta película. Pero coido que é xenial“.

Pola súa banda, a Universal aínda non anunciou ningún plan para continuar coa franquía de Darkman. O filme orixinal tiña a intención de ser o primeiro dunha série, pero os decepcionantes resultados nos despachos de billetes impediron unha continuación e condearon á saga a ter dúas secuelas que foron directamente ao mercado de vídeo, con Arnold Vosloo substituíndo a Neeson.

Raimi asegurou ademais que se Neeson estiver disposto, encantaría-lle te-lo de volta: “Non sei se o faría, pero estaría incríbel“.