Frank Grillo comezará en outono no noroeste dos Estados Unidos a rodaxe do thriller The Dagon baixo ás ordes do director Brad Anderson. O seu papel é o dun pai nunha aldea illada, que cando a súa filla chega á maioría de idade, deberá enfrontar-se ao Dagon, unhas creaturas terríbeis e mortais que os rodean pola noite. Peter Mattei (Outsiders) escribiu o guión deste filme que semella ser lovecraftián.