O apocalipse de Jodie Comer

551

Após gañar esta noite o seu segundo prémio BAFTA, Jodie Comer xa ten un novo proxecto: o thriller The End We Start From, que será ún dos mais agardados no mercado de Cannes da próxima semana.

O filme, cofinanciado pola Anton Corp. e mais a BBC, é unha adaptación da aclamada novela feminista de Megan Hunter. O seu argumento está ambientado no médio dunha misteriosa crise medioambiental, mentres Londres fica mergullada polas augas, cando unha muller (Comer) dá a luz ao seu primeiro fillo. Días despois, a família ve-se obrigada a abandoar a súa casa á procura de seguridade.

A realizadora inglesa Mahalia Belo dirixirá a partir dun guión da escritora e dramaturga Alice Birch, quen conta con ampla experiéncia na série da HBO Succession. Os produtores serán Leah Clarke, Adam Ackland, Liza Marshall, Sophie Hunter e Amy Jackson, mentres que Benedict Cumberbatch, Sébastien Raybaud, Cecile Gaget, Eva Yates e mais a mesma Comer serán os produtores executivos.

A produción ten previsto comezar en agosto.