Cronenberg fala cos mortos

806

O director David Cronenberg, que está a vivir unha segunda mocidade grazas á súa aparición coma actor en Star Trek: Discovery e á súa vindeira película Crimes of the Future, volverá a traballar xunto a Vincent Cassel, con quen xa colaborara en Eastern Promises (2007) e A Dangerous Method (2011), no seu vindeiro thriller The Shrouds.

O argumento da nova longametraxe céntra-se en Karsh (Cassel), un innovador home de negócios e recente viúvo que constrúe un dispositivo capaz de se conectar co mundo dos mortos dentro dunha mortalla.

O seu revolucionário negócio está por irrumpir na escena internacional cando várias tumbas do seu cemitério son obxecto de vandalismo e resultan case destruídas, incluída á da súa muller.

Mentres se esforza por descubrir un motivo para o ataque, o mistério de quen causou este caos, e por que, levará a Karsh a avaliar de novo o seu negócio, o seu matrimónio e a súa fidelidade.

Cronenberg será o guionista e director da película, que Said Ben Said, Martin Katz e Michel Merkt producirán. A rodaxe ten previsto comezar en marzo do ano que ven.