O agoiro terá unha precuela

587

A 20th Century Studios ven de contratar á directora Arkasha Stevenson (Legion) para que se poña á fronte de The First Omen, unha precuela do emblemático filme de terror de 1976 The Omen que protagonizou Gregory Peck.

Aquel filme e mais as súas secuelas estaba centrado en Damien Thorn, un meniño substituído ao nacer polo seu pai, un diplomático americano, sen que a súa muller o souber, despois de que o seu fillo biolóxico morrera pouco despois do nacemento.

Ao redor da família vai acontecendo unha série de mortes violentas, e cando Damien entra na infáncia, o seu pai decáta-se de que o neno é o Anticristo profetizado.

O filme foi un enorme éxito mundial, que levou a facer dúas secuelas no cinema, protagonizadas por un Damien xa adolescente e logo adulto. Houbo ademais un telefilme, un remake con grande orzamento en 2006 e mais tarde, en 2016, unha série de televisión que non durou moito.

Esta película será unha precuela directa do filme orixinal. Stevenson e mais o seu parceiro habitual, Tim Smith, escribirán o guión, que producirán David S. Goyer e Keith Levine.