Christopher Walken é o Emperador

562

Christopher WalkenChristopher Walken ven de se facer cun pequeno pero moi cobizado papel na segunda parte de Dune: o do emperador Shaddam IV. O persoaxe fora interpretado por José Ferrer no filme de David Lynch de 1984, e completa o elenco dos tres que non estiveron na primeira parte pero que sairán na segunda: Florence Pugh coma a princesa Irulan e Austin Butler coma Feyd. A rodaxe de Dune: Part Two comezará en xullo en Budapest ás ordes de Denis Villeneuve.