O actor californián Fred Ward finou o pasado día 8 aos 79 anos de idade. Coñecido sobre todo polo seu papel de Earl Basset na franquía de Tremors, tivo unha carreira na que protagonizou filmes coma Cast a Deadly Spell e The Crow: Salvation, e converteu-se nunha face popular entre os fans grazas ás súas aparicións en The Incredible Hulk, UFOria ou Invasion: Earth. A súa derradeira aparición nas pantallas foi no thriller da HBO True Detective en 2015.