Shipka viaxa ao pasado

823

Kiernan Shipka (Chilling Adventures of Sabrina), Randall Park (WandaVision) e mais as actrices Olivia Holt (Cruel Summer) e Julie Bowen liderarán o elenco da nova comédia de terror Totally Killer para a Amazon Prime Video e a Blumhouse Television.

A rodaxe do filme comezou o xoves en Vancouver e o seu argumento xira ao redor de Jamie (Shipka), cuxa nai Pam (Bowen) está aterrorizada polo rexurdimento do “asasino das dóces dezaseis”, un maníaco enmascarado que matou a un grupo de rapazas adolescentes nos anos 80, cando estaba de moda dicir “totalmente” (agora a moda sería “literalmente”).

Após de que a súa nai sexa asasinada en Halloween, e coa axuda da súa amiga Amelia (Kelcey Mawema), Jamie viaxa atrás no tempo até 1987 para atopar á versión adolescente da súa nai (Holt) e intentar detér ao asasino.

O elenco o completan Lochlyn Munro, Charlie Gillespie, Stephi Chin-Salvo, Anna Diaz, Jeremy Monn-Djasgnar, Troy Leigh-Anne Johnson, Ella Choi, Liana Liberato, Nathaniel Appiah e mais Jonathan Potts.

A iraniana-americana Nahnatchka Khan (Always Be My Maybe) é a directora do filme, que conta cun guión de Jen D’Angelo baseado nunha versión anterior de David Matalon e Sasha Perl-Raver.