A Disney ven de anunciar a través do seu sítio web oficial en Inglaterra que a série She-Hulk da Marvel Studios estreará-se no servizo a partir do 17 de agosto. A série, en tón de comédia, durará dez episódios, nos que veremos a Bruce Banner (Mark Ruffalo) axudar á súa curmá Jennifer Walters (Tatiana Maslany) cando esta precise unha transfusión de sangue de emerxéncia e reciba de paso os seus poderes mutantes.