EN BREVE 30. Sep 2023 Unha vez rematada a folga de guionistas, a Marvel Studios está a pór os alicerces para a longamente agardada primeira película dos X-Men. Aínda que polo de agora non hai présa, a decisión sobre a contratación dun escritor chegará xa a comezos de 2024. O presidente dos estudos, Kevin Feige , está a supervisar o proxecto, que é un dos mais agardados polos fans dende que a Disney mercou á 20th Century Fox en 2019.
18. Sep 2023 A Marvel Studios lanzará unha versión alternativa do seu especial de Halloween de 2022 Werewolf by Night . O orixinal, dirixido polo compositor Michael Giacchino no seu debut atrás das cámaras, era en branco e negro cun estilo visual que homenaxeaba aos clásicos da Universal dos anos 30. A nova versión alternativa será en "córes vibrantes", e esta vez homenaxeando aos filmes de terror da Hammer dos anos 60 e 70. Esta nova versión estreará-se na Disney+ o 20 de outubro.
18. Sep 2023 O lendário escritor e guionista de cómics Alan Moore , creador de Watchmen e V for Vendetta , revelou nunha entrevista o pasado xoves que xa non acepta pagos polos dereitos de autor sobre as adaptacións que a DC fai sobre as súas obras, e que de feito reenvía eses cartos á organización antirracista americana Black Lives Matter. Ademais, criticou ás películas de superheroes contemporáneas, calificándo-as de "praga " do cinema, engadindo que a afección dos adultos aos filmes de superheroes é unha "infantilización " e un posíbel "precursor do fascismo ".