Super Charly, parados con poderes

0
251

MoleroAntonio Molero, mais coñecido como “Fiti” na série Los Serranos, será protagonista este ano da nova comédia fantástica Super Charly, unha série semanal que conta cos productores de Sin tetas no hay paraíso e Yo soy Bea.

Super Charly será emitida en Telecinco, e tratará sobre un home duns 40 anos ao que a crise económica lle leva ao paro da noite á mañá. O mesmo dia no que lle botan do traballo, Charly descobrirá que ten poderes sobrenaturais, un achado que lle axudará a sobrevivir, pero tamén lle obrigará a levar unha dobre vida, xa que terá que agochar á sua família e amigos que se converteu nun superheroe.

O argumento de Super Charly lembra en certa maneira ao do filme Hancock, no que Will Smith dá vida a un superheroe con problemas de alcolismo. Cando há de intervir para evitar algun acto delitivo, en vez de axudar acaba causando unha série de estragos monumentais.

No reparto de Super Charly destaca tamén a presenza de Malena Alterio. A actriz de orixe argentina interpretará á muller de Charly.

Super Charly suporá unha das escasas incursións da ficción española no terreo do fantástico, moi presente dende hai anos nas séries americanas. Hai catro anos, Antena 3 probou sorte con El inquilino, outra comédia protagonizada por un extra-terrestre (Jorge Sanz) que non contou co apoio do público. Millor acollida tivo fai case dez anos Ala… Dina!, a comédia na que Paz Padilla interpretaba a unha asistenta con poderes, emitida entre 2000 e 2002 na primeira cadena.