A canle Adult Swim ven de encargar o comezo da produción de Rick and Morty: The Anime, unha série con dez episodios que será un spin-off da aclamada Rick and Morty. A canle anunciara previamente otro spinoff coma curtas dixitáis, pero esta é unha série completa.
O director Takashi Sano (Tower of God) dirixirá o proxecto que, segundo se informa, manterá-se por si mesmo coma unha obra orixinal, aínda que adaptando temas e eventos da série principal.
“As fazañas de Rick e a banda no multiverso supoñen un reto para o vencello familiar, pero sempre están á altura das circunstáncias“, dixo Sano nun comunicado. “É unha visión que afirma a vida, e Jerry non é unha excepción“. E engadiu: “Sínto-me honrado de ter a oportunidade de contar unha nova história sobre esta incríbel família. Espero que gocedes das súas aventuras“.
Sano dirixira con anterioridade algunhas curtas de anime ambientadas no universo de Rick e Morty: Rick and Morty vs. Genocider e Summer Meets God (Rick Meets Evil).