O Dr. Jekyll e Mr. Hyde en Vigo

0
192

TALO Teatro Arte Livre (rúa Vázquez Varela 19, Vigo) estrea a vindeira fin de semana a obra Dr. Jekyll e Mr. Hyde, na que Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno interpretan aos 12 persoaxes que sairán ao escenário.

Este espectáculo incorpora 44 mudas de roupa, 200 cambios de luces, 40 movementos de decorado e 36 insercións musicais para recrear o fantástico clímax da trama. Para poñer sobre as táboas este clásico do terror de Robert Louis Stevenson, o Teatro Arte Livre traballou durante cinco meses.

O Extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde é unha novela publicada por primeira vez en inglés en 1886. Trata sobre un avogado, Gabriel John Utterson, que investiga a extraña relación entre o seu vello amigo, o Dr. Henry Jekyll, e mais o misántropo Edward Hyde.

O libro foi un éxito de contado e ún dos mais vendidos de Stevenson. As adaptacións no teatro comenzaron en Boston e Londres un ano despois da sua publicación e continúa inspirando filmes e interpretacións coma a que a partir da vindeira semana se poderá ver no Teatro Arte Livre de Vigo.