Shakman dirixe a Godzilla e os Titáns

677

O director de WandaVision, Matt Shakman, ven de recibir o encargo de se pór á fronte de Godzilla & The Titans, unha nova série de acción real que producirán a AppleTV+ e a Legendary Television.

Shakman dirixirá os dous primeiros episódios e será ademais o produtor executivo desta série, que a corporación Apple encargou o pasado mes de xaneiro.

A série continuará a história do Monsterverso da Legendary establecido nas catro longametraxes de Godzilla no cinema que levamos até a data de hoxe, cunha quinta entrega que xa está en camiño da man do director Adam Wingard.

A história explorará a viaxe dunha família para descubrir segredos agochos e mais o legado que os une a todos eles á misteriosa organización Monarch.

Chris Black e Matt Fraction son os co-creadores desta série, da que ambos serán produtores executivos xunto a Joby Harold, Tory Tunnell, Hiro Matsuoka e Takemasa Arita. Black traballará ademais coma showrunner.

Shakman pola súa banda aínda ten pendente o proxecto da cuarta entrega da “liña temporal Kelvin” dentro da franquía de Star Trek no cinema.