Bong dirixirá a Mickey7

520

Bong Joon Ho, o aclamado realizador coreano responsábel de éxitos mundiais coma Okja, Parasite ou Snowpiercer, dirixirá unha nova longametraxe de ciéncia-ficción, aínda sen título, pero que contará coma protagonistas a Robert Pattinson e Naomi Ackie (Doctor Who, Star Wars: The Rise of Skywalker) e moi probábelmente tamén con Toni Collette e Mark Ruffalo, quen están aínda a negociar a súa participación. A película será producida pola Warner Bros. Pictures, a Kate Street Picture Company e mais a Plan B.

Baseado nunha novela de Edward Ashton publicada o pasado mes de febreiro e titulada Mickey7, o argumento xira ao redor de Mickey, un home nunha expedición para colonizar o mundo conxelado de Niflheim. Este home é un empregado prescindíbel que acepta traballos arriscados de mais para calquera outro.

Cando morre, rexenéra-se coma un clon coa meirande parte das súas memórias intactas. Pero cando Mickey7 é dado por morto após dun accidente e regresa á súa base, un novo clon, Mickey8, tomou xa o seu lugar.

Bong será o director, guionista e produtor do filme.