Demimonde, posíbel nova vítima de Zaslav

717

O destino da série de ciéncia-ficción Demimonde de J.J. Abrams para a HBO, que se atopa en pre-produción, e que sería o primeiro proxecto do realizador dende que creou Fringe en 2008, seica é arestora moi dubidoso.

Após de que o novo CEO da Warner Bros. Discovery, David Zaslav, se fixera cargo da empresa, propietária á súa vez da HBO, moitos proxectos están a desaparecer e ser esquecidos, e esta série, que contaba cun orzamento de 250 millóns de dólares, semella ter todos os boletos para recibir o machadazo.

O novo tope de orzamento máximo da Warners fixou-se en 200 millóns, e por exemplo a nova precuela de Game of Thrones, House of the Dragon, tivo que rebaixar as súas expectativas até moi por baixo desa cifra.

Segundo as últimas novas, Abrams ía dirixir o episódio piloto, que xa cambiara de showrunners, e contaba con Danielle Deadwyler coma protagonista. A decisión final en todo caso agárda-se que chegue a semana que ven.

ACTUALIZACIÓN 08.06.22: Após dunha derradeira xuntanza entre Abrams e mais o xefe da HBO Casey Bloys, a decisión final é que a série non se producirá, polo menos nesta cadea. O proxecto agora tentará vender-se a outros posíbeis interesados, entre eles a Apple e a Netflix.