Cifras récord para Netflix e Disney+

195

Moses IngramO regreso de Stranger Things á Netflix chegou acompañado de récords: a empresa informa de mais de 286 millóns de horas visualizadas esta fin de semana, case cen millóns mais có anterior récord, que tiña Bridgerton. E mentres, a Disney+ anúncia que Obi-Wan Kenobi converteu-se na série mais vista da história do servizo de streaming, se ben no seu caso non deron a coñecer cifras concretas. Na beira negativa, supostos fans comezaron unha campaña de acoso contra Moses Ingram, que fai o papel da malvada Inquisidora Reva Sevander.