A HBO Max cancela Raised By Wolves

431

Raised by Wolves, a série de ciéncia-ficción producida por Ridley Scott, ven de ser cancelada após de tan só dúas tempadas pola HBO Max.

A história ía sobre dous androides encargados coa misión de criar a nenos humáns nun misterioso planeta virxe, mentres unha colónia de humáns loitando guerras relixiosas se achegaba a eles.

Nunha nota de prensa onte, a HBO Max confirmou a nova: “non imos proceder cunha terceira tempada de Raised by Wolves“, e agradeceu á equipa e aos implicados na série polo seu traballo neste tempo.

Amanda Collin, Abubakar Salim, Travis Fimmel, Niamh Algar e Kim Engelbrecht eran os protagonistas da série, que comezou cunhas críticas moi positivas e uns fortes números de audiéncia, pero pouco a pouco foi-se desinchando e perdendo aire. A segunda tempada rematou o pasado día 17 de marzo.

Algúns dos actores comezaron hai uns días unha campaña para pedir aos fans que se vencellaran no intento de salvar á série. Salim, que fai o papel de “Pai”, conversou cos fans en reddit e Twitter, mentres a ScottFree tentaba negociar con outras canles (Netflix, Amazon, Apple), pero todo foi en van.

A decisión en todo caso non debe sorprender a ninguén, porque após da adquisición da HBO Max por parte da Discovery e a toma de posesión do novo presidente David Zaslav, son moi poucos os proxectos que fican en pé arestora. De feito, agárdan-se mais cancelacións para os seguintes días.