A Disney+ ven de anunciar a data do 10 de agosto para a estrea da produción da Marvel Studios I Am Groot. O proxecto é unha série de curtas baseadas na franquía de Guardians of the Galaxy, que contan coma protagonista a Groot mentres vai medrando e se vai metendo en problemas. Creada e escrita por Ryan Little e dirixida por Kirsten Lepore, I Am Groot chega uns meses antes do agardado especial de vacacións dos Gardiáns, que dirixirá James Gunn.