A estrela de Borat salva á Galáxia

357

Maria BakalovaA actriz búlgara Maria Bakalova, que sorprendeu ao mundo do cinema hai un par de anos coa nominación aos Oscars por Borat Subsequent Moviefilm, será unha das protagonistas de Guardians of the Galaxy Vol. 3 da Marvel Studios, uníndo-se a un elenco que inclúe a Chris Pratt, Zoe Saldana, Vin Diesel, Dave Bautista, Bradley Cooper, Sylvester Stallone, Karen Gillan, Elizabeth Debicki, Will Poulter, Chuk Iwuji e Daniela Melchior. A estrea fará-se esperar até o 5 de maio de 2023.