No decurso do “Día dos Cazapantasmas” o pasado mércores, que conmemora o 8 de xuño de 1984 coma a data de estrea do primeiro filme da saga de Ghostbusters, a Sony Pictures Animation anunciou que está a desenvolver unha nova série de debuxos animados, esta vez para a Netflix.
Os detalles sobre o argumento da nova série mantéñen-se polo de agora en segredo. Jason Reitman e Gil Kenan, que co-escribiron o filme mais recente da franquía, Ghostbusters: Afterlife, están a bordo do proxecto, pero coma produtores executivos. Chris Prynoski (Beavis and Butt-Head Do the Universe) e Jennifer Kluska (Hotel Transylvania: Transformania) serán os directores, mentres que Brenda Hsueh (Disjointed) escribirá os guións.
Esta será a terceira vez que se produza unha série de animación cos populares persoaxes, despois da clásica The Real Ghostbusters dos anos 80, que durou 140 episódios ao longo de 7 tempadas, e mais Extreme Ghostbusters, que tivo menos fortuna e que só durou 40, emitidos en 1997.
Por outra banda, Reitman e mais Kenan confirmaron igualmente que a secuela do filme de 2021 Ghostbusters: Afterlife regresará ao seu fogar habitual, a cidade de New York, e especificamente, ao seu cuartel xeral clásico, a casa dos bombeiros onde se situou nos dous primeiros filmes.