Rourke e Rockwell en Iron Man 2

0
202

Mickey RourkeO que outrora fose galán dos anos 80 e hoxe reconvertido en “rapaz malo” do cinema de Hollywood, Mickey Rourke, recentemente galardoado polo seu papel no filme non fantástico The Wrestler, seica regresa de novo ao cinema comercial de alto nivel.

Rourke e Sam Rockwell están en conversas para protagonizar aos dous superfalcatruáns de Iron Man 2, o filme que será dirixido por Jon Favreau.

A Marvel leva moito tempo mantendo un totalsegredo sobre o argumento desta secuela, que conta cun guión de Justin Theroux, e por iso hai moitas dúbidas sobre que persoaxe interpretará Rourke. As apostas indican que fará o papel dun ruso tatuado chamado Iván que se converte en Whiplash, un supermalvado con poderes tecnolóxicos moi avanzados. Outros din que será Crimson Dynamo, un ruso tatuado (isto é o único que se sabe de certo, seica) que é traficante de armas e que leva un traxe que funciona con enerxía nuclear.

Pola súa banda Rockwell interpretaría a Justin Hammer, un empresário multibilonário rival de Anthony Stark (a identidade secreta de Iron Man), quen á súa vez é intepretado por Robert Downey Jr. unha vez mais.

Rourke e Rockwell unirán-se asemade a un reparto que xa inclúe a Gwyneth Paltrow e a Don Cheadle, que sustitúe a Terrence Howard. O proxecto comezará a se rodar en primavera en Manhattan Beach, Califórnia. A Paramount ten previsto lanzar o filme o 7 de maio de 2010.