A Legendary Entertainment ven de se facer cos dereitos sobre a franquía de videoxogos Duke Nukem, propiedade da Gearbox Software, e xa conta con plans para facer unha adaptación ao cinema. Os creadores de Cobra Kai, Josh Heald, Jon Hurwitz e Hayden Schlossberg están a bordo do proxecto para produci-lo xunto con Jean Julien Baronnet (Assassin’s Creed).
A saga de Duke Nukem orixinou-se en 1991 cun primeiro título que desenvolveu a Apogee Software, comezando coma xogos de plataformas en 2D que se converteron nunha mestura de shooters en primeira e terceira persoa, e dende aquela recadou mais de 1.000 millóns de dólares en vendas en todo o mundo.
A série ten coma estrela ao Duke, un heroe modelado ao xeito dos emblemáticos protagonistas dos filmes de acción dos anos 80, mentres loita contra unha invasión extra-terrestre en Los Angeles. Polo camiño, viaxa dende clubes de striptease e escenários de rodaxe de cinema até bases luares e naves espaciais, loitando contra todo o mundo, até o Emperador Cicloide.
Polo de agora a produción está á procura dun director. John Cena estivera vencellado a unha versión anterior que a Paramount tentou desenvolver hai uns anos, pero que non chegou a bó porto.