Lindsey Beer dirixe un novo Sleepy Hollow

645

A guionista e produtora Lindsey Beer vai-se asociar coa Paramount Pictures e mais a Broken Road Productions para facer un filme que reinície a clásica história supernatural de The Legend of Sleepy Hollow. Beer escribirá, dirixirá e producirá xunto a Todd Garner e Spencer Walken.

O conto orixinal é un relato gótico do escritor americano Washington Irving, contido na súa escolma The Sketch Book of Geoffrey Crayon, Gent. Escrito mentres Irving vivía en Inglaterra, o conto publicou-se por primeira vez en 1819, e é ún dos primeiros exemplos de ficción americana que contaron cunha popularidade que se fixo duradeira, grazas ao seu persoaxe do xinete sen cabeza.

A propriedade foi adaptada xa moitas veces ás pantallas, entre elas a mais famosa, a película de debuxos animados de 1949 da Disney, ou nunha série da canle Fox dos anos 2010, e a versión de 1999 de Tim Burton.

Beer fixo o seu debut coma directora cunha secuela de Pet Sematary na Paramount que se atopa aínda en preprodución e que nin sequera conta cun título definitivo. Entre os seus cretos coma guionista de filmes e séries aínda sen estrear están ademais Star Trek 4, un remake de Bambi, un filme de Hello Kitty e mais a saga de The Magic Order.