Só unha semana despois da estrea da súa terceira, a Amazon Prime ven de encargar a produción dunha cuarta tempada da série de superheroes The Boys. A Amazon lanzou tres episódios para comezar, e continuará estreando ún por semana até o 8 de xullo. Aínda que polo momento non se coñecen dados concretos, o servizo de streaming afirmou que a audiéncia en todo o mundo medrara un 17% en comparación coa segunda tempada.