Justin Lin dá o golpe en One Punch Man

613

Após da súa saída do filme Fast X, o realizador Justin Lin ven de atopar o seu seguinte proxecto: unha adaptación con acción real ao cinema da popular franquía de superheroes xaponesa One Punch Man na Sony Pictures.

A saga iniciou-se en 2009 en formato de webcomic e vai sobre un superheroe chamado Saitama que ten o poder de derrotar a calquera inimigo cun só golpe. Após de bater os seus rivais, Saitama, abúrre-se pola auséncia dun verdadeiro desafío e comeza a procura dun opoñente que sexa digno so seu poder. Porén mália derrotar a moitos mais viláns cós demais heroes, Saitama nunca ve recoñecidos os seus méritos.

One Punch Man (Wanpanman no orixinal xaponés) adaptou-se logo ao cómic, ás pantallas de televisión nun anime e tamén aos videoxogos, sempre con grande éxito. A versión en anime conta con dúas tempadas polo momento cun total de 24 episódios.

Os guionistas de Venom e Jumanji: The Next Level, Scott Rosenberg e Jeff Pinkner, traballarán canda Lin no argumento deste filme, que producirán Avi Arad e Ari Arad. A rodaxe comezará a finais deste ano.