Mutantes até na soupa

0
180

LobetoA 20th Century Fox ven de engadir tres novos superheroes ao seu filme X-Men Origins: Wolverine, con Ryan Reynolds para o papel de Deadpool, o actor do show de televisión Friday Night Lights Taylor Kitsch facendo de Gambito e o artista de hip-hop Will.i.am no papel de John Wraith.

Liev Schreiber, Danny Huston e Lynn Collins darán o toque final ao reparto interpretando a Victor Creed/Dentes de Sabre, ao Coronel William Stryker e mais a Kayla Silver Fox.

Hugh Jackman repetirá o seu papel protagonista no papel de Lobeto (Wolverine) neste filme secuela de X-Men que Gavin Hood está a rodar en Nova Celándia, Austrália e New Orleans. O filme estreará-se o 1 de maio de 2009.

David Benioff escribiu o guión, que seica revelará as orixes misteriosas do persoaxe de Lobeto e presentará a outros mutantes nunca vistos até agora na franquía dos Homes X.

A Marvel estivo albiscando durante algún tempo a posibilidade de recrutar a Reynolds para o papel de Deadpool, un asasino con poderes de auto-curación, coa ideia de lle dar a este persoaxe unha película de seu ou unha nova saga enteira se acadaba unha boa aceptación entre os espectadores.

A Fox e mais a Marvel levan asemade moito tempo querendo engadir ao persoaxe de Gambito á franquía dos Homes X pero nunca atoparan tempo abondo para lle dar un espazo de seu entre a plétora de mutantes que se disputan uns minutos para aparecer en cada filme.

O cantante de Black Eyed Peas Will.i.am interpretará a Wraith, un mutante co poder de se teletransportar e que é outro suxeito de probas no programa Arma X que creou a Lobeto e a outros mercenários. Este será o seu primeiro papel no mundo do cinema.