Garrett Hedlund, o novo Tron

808

HedlundA Disney ven de contratar ao actor relativamente novato Garrett Hedlund para que protagonice Tron, a secuela do clásico de 1982 que dirixira Joseph Kosinski.

Hedlund, que fixo o seu debut no cinema en 2004 no filme Tróia, tamén interpretou a un dos protagonistas do filme Four Brothers e participou en Eragon como actor secundário.

A Disney fixo un cásting moi grande porque había centos de actores interesados neste papel. Entre outros, entrevistou a Ryan Gosling, Chris Pine ou Michael Stahl-David.

Hedlund será o protagonista, un home que é aborbido ao interior do mundo virtual dun computador e debe seguir os pasos do persoaxe do filme orixinal, chamado Kevin Flynn (Jeff Bridges). Bridges repetirá o seu papel de Flynn, que era un programador pero acabou converténdo-se no xefe executivo dunha poderosa compañía de software. Olivia Wilde e Beau Garrett tamén participarán no proxecto, que xa leva tres títulos provisionais: Tron 2.0, TR2N, e agora unha vez mais, simplemente Tron.