Jon Snow na secuela de Xogo de Tronos

869

A HBO ven de comezar o desenvolvemento da primeira secuela da súe série mais famosa de todos os tempos, Game of Thrones, e esta vez centrada no persoaxe favorito dos espectadores, Jon Snow. O actor que o interpretaba, Kit Harington, está polo de agora vencellado ao papel caso de que este proxecto saia adiante.

Harington gañou dúas nominacións aos prémios Emmy pola súa actuación. Na série, o persoaxe descubre que o seu verdadeiro nome é Aegon Targaryen, un posíbel herdeiro ao trono de Ferro, pero no derradeiro episódio era exiliado de Westeros e viaxaba ao norde do Muro xunto aos Wildlings, deixando atrás a súa antiga vida. A nova série podería teoricamente abrir a porta para que reaparezan outros persoaxes que tamén sobreviviron.

A Harington puidémo-lo ver o ano pasado no filme Eternals da Marvel Studios e está ademais vencellado a outros proxectos, entre eles no teatro, polo que a súa axenda está en princípio abondo chea.

Este proxecto en todo caso sería independente da precuela House of the Dragon que xa foi rodada e que debutará na HBO o vindeiro 21 de agosto.