Wonder Man da Marvel nunha série de seu

511

A Marvel Studios está a desenvolver unha nova série de televisión con acción real baseada noutro dos seus superheroes, neste caso Wonder Man.

Nos cómics, Simon Williams (Wonder Man) é ún dos membros fundadores dos Vingadores da Costa Oeste, baseados en Los Angeles, e é unha celebridade grazas ao seu traballo coma actor e dobre de acción. O persoaxe desenvolveu ademais unha relación salientábel cos persoaxes de Vision e Wanda/Scarlet Witch.

O director de Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings, Destin Daniel Cretton, traballará neste proxecto xunto ao guionista e produtor Andrew Guest, quen ten experiéncia cos superheroes da Marvel en Hawkeye, pero é coñecido principalmente pola série Community. Guest sería o guionista xefe, mentres que Cretton sería o produtor executivo e pode que dirixa un par de episódios. A rodaxe non ten previsto comezar até o ano que ven.

Cretton pola súa banda está aínda a traballar na secuela de Shang-Chi.