A Paramount e a Nickelodeon veñen de anunciar o desenvolvemento de tres novos filmes de debuxos animados baseados na franquía de Avatar: The Last Airbender.
Lauren Montgomery será o director da primeira das tres películas, aínda sen título, para a Avatar Studios. Bryan Konietzko e Michael DiMartino, que crearon a série orixinal, serán os produtores xunto a Eric Coleman.
A série orixinal Avatar: The Last Airbender narraba as aventuras de Aang, un rapaz que rexurde nun mundo cheo de máxia elemental pero destruído polas guerras, e que debe encargar-se dunha perigosa misión, a de atopar a harmonía entre as catro nacións que compoñen o reino. A esta série seguíu-lle The Legend of Korra, que durou catro tempadas con moito éxito.
Avatar conta con dúas adaptacións con acción real, a primeira de 2010 dirixida por M. Night Shyamalan foi un fracaso, mentres que a Netflix está a realizar unha série, pero sen a participación dos creadores Konietzko e DiMartino. Os tres novos filmes de debuxos animados contarán nombergantes non só cos creadores orixinais, senón coa meirande parte da equipa que creou as séries.