Madame Web recruta a Emma Roberts

267

Emma Roberts (American Horror Story) é a mais recente incorporación ao elenco da película da Sony Pictures Madame Web, protagonizada por Dakota Johnson, e na que tamén participan Sydney Sweeney, Celeste O’Connor, Isabela Merced e Tahar Rahim ás ordes da directora S.J. Clarkson. Matt Sazama e Burk Sharpless son os autores do guión, creado a partir dun borrador orixinal de Kerem Sanga.

Nos cómics, Madame Web aparece coma unha anciá paralizada e conectada a un sistema de soporte vital semellante a unha arañeira. Por mor da súa idade e os seus alifafes, Madame Web nunca loita activamente contra ningún heroe ou vilán, polo que seica o proxecto vai facer unha versión moi distinta do persoaxe e o mais probábel é que se converta na versión feminina do Doutor Strange. Polo de agora descoñéce-se que papel fará Roberts.

A Sony tentará que este filme, baseado nos persoaxes da Marvel sobre os que ten dereitos (basicamente, os creados nos cómics de Spider-Man) se sume aos éxitos que acadou nos últimos meses con Venom: Let There Be Carnage (500 millóns de dólares de recadación) e sobre todo, con Spider-Man: No Way Home (1.850 millóns).