A vindeira adaptación da saga de videoxogos Fallout que está a preparar a Amazon TV ven de se facer con Kyle MacLachlan (Twin Peaks), XeliaMendes-Jones (Havoc) e Aaron Moten (Father Stu) para o elenco. Os tres únen-se aos protagonistas EllaPurnell e WaltonGoggins, pero polo de agora non se sabe que papel fará cadanseu. A história sitúa-se nun mundo no que o futuro imaxinado polos americanos a finais dos anos 40 estoupa nunha guerra nuclear en 2077.