A cantante e actriz xaponesa Anna Sawai (F9: The Fast Saga), Ren Watabe (461 Days of Bento), Kiersey Clemons (Iris West en Zack Snyder’s Justice League), Joe Trippett (Mare of Easttown) e mais a francesa Elisa Lasowski (Versailles) compoñen o elenco internacional dunha nova série de acción real, aínda sen título, pero que estará baseada na franquía do kaiju Godzilla e que producirá a megacorporación Apple para o seu exclusivo servizo de streaming.
Após da estrondosa batalla entre Godzilla e os Titáns que arrasou San Francisco e a chocante nova realidade de que os monstros existen, a série explorará a viaxe dunha família para descubrir os seus segredos enterrados e o legado que os vencella á misteriosa organización Monarch.
A série foi creada por Chris Black e Matt Fraction, e contará con Black como showrunner. Matt Shakman (WandaVision) dirixirá os dous primeiros episódios.
A Legendary Television e mais a Toho Co. Ltd. están atrás deste proxecto, que se suma á próxima secuela de Godzilla vs. Kong, prevista para comezos de 2024.