Morreu James Caan

425

James CaanO neoiorquino James Caan, un dos derradeiros lendários grandes actores de cinema de Hollywood, morreu onte en Los Angeles, segundo deu a coñecer hoxe a súa família. As circunstáncias aínda non foron aclaradas, pero tiña 82 anos. Aínda que os seus traballos de mais sona foron en dramas clásicos coma The Godfather, os fans do xénero fantástico o relembrarán polos filmes Rollerball, Alien Nation, Misery, Dick Tracy, Elf ou Eraser.