Nic Cage, o rei dos dragóns

714

A Paramount+ ven de se facer cos dereitos sobre a adaptación ás pantallas da novela Highfire, orixinal de Eoin Colfer, que protagonizará Nicolas Cage, e que nun princípio tiña previsto facer-se na Amazon Prime.

A história, que algúns definen coma unha mestura entre True Detective e Pete’s Dragon, está situada nun mundo onde os dragóns governaron a terra no pasado, e Lord Highfire (a quen Cage lle presta a voz) era o seu rei. Agora porén o único que governa Highfire é a súa casopa no pantano de Honey Island, en Louisiana. Alí vive baixo o nome de “Vern” e pasa os seus días agochándo-se entre os caimáns, mirando a tele por cable (especialmente Flashdance) e bebendo enormes cantidades de wodka. Está preparado para facer todo o que poida, mesmo se iso sinifica ser violento, para protexer a súa identidade.

Pero o seu mundo chocará co de Squib, un adolescente mesturado no tráfico de alcol para a máfia local, e a súa loita mútua pola supervivéncia enléa-se nunha amizade de todo improbábel.

Ademais de participar no filme, Cage será o seu produtor executivo xunto a Andrew Mittman e Davey Holmes. Este última é o encargado de adaptar a novela para a MGM/UA Television.